viernes, 5 de diciembre de 2014
VII NOITEBOA INFANTIL
sábado, 1 de febrero de 2014
6 ANOS DE HISTORIA (por Ramón González)
lunes, 23 de diciembre de 2013
jueves, 27 de junio de 2013
VOLVE A ROMERÍA!!!!....24 e 25 de XULLO
jueves, 28 de junio de 2012
viernes, 15 de junio de 2012
PROGRAMA DA ROMERIA DE SARGADELOS 2012
15:00 Xantar de Romería
20:00 Lanzamento de bombas de palenque, comeza a Romería 2012
23:00 IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN cos grupos:
LOS ETERNOS (Cedeira)
MEDOMEDÁ (Teo)
(Sorteo de 2 entradas para EXTREMODURO en Coruña).
RECAMBIOS TUCHO (Sta Uxía de Ribeira)
THE BROSAS (Burela).
MÉRCORES 25 DE XULLO(día do Santiago Apóstol):
12:00 Lanzamentos de bombas de palenque.
13:00 Misa solemne cantada polo coro parroquial de Cervo.
13:30 Procesión a cargo do grupo de gaitas Airiños do Xunco.
14:00 Sesión vermouth a cargo de VIVARIUM
15:00 Xantar de Romería
20:00 PANCETADA e CHORIZADA
22:00 TREIXADURA EN CONCERTO
23:30 Queimada Gratuita
23:30 Verbena a cargo de VIVARIUM
Con comidas campestres, zona de acampada....MONTA O TEU CHIRINGO
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA:
EXCMO Concello de Cervo
EXCMA Diputación de Lugo
INLUDES
lunes, 30 de abril de 2012
AVANCE DO "IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN"
3...2....1.....Comeza a conta atrais para a Romería de Sargadelos 2012, e tamén para o IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN.
Un evento que xa vai pola súa cuarta edición, e que ano trais ano,
capta un maior número de siareiros de tódalas idades e tódolos puntos da
provincia.A A.C.R. Fervenza de Sargadelos será a encargada de organizalo festival, que ao mesmo tempo vai encadrado dentro da programación cultural da Romería de Sargadelos que se celebrará os días 24 e 25 de xullo do presente ano na paraxe histórica-cultural de Sargadelos. Destacar tamén, que por cuarto ano consecutivo, Mas Db´s Sonido Profesional encaragarase do equipo de luz e son, e así darlle un toque de maxia e calidade a dito festival, que estará composto por catro bandas de diferentes puntos da xeografía galega.
Podemos adiantar que os burelenses THE BROSAS, LOS ETERNOS de Cedeira, RECAMBIOS TUCHO de Ribeira e os MEDOMEDÁ de Teo están oficialmente confirmados. Nos próximos días confirmaremos o concerto folk. Queridos romeir@s quedan 90 días e baixando. Seguiremos informando.
lunes, 2 de abril de 2012
IV CAMPEONATO DE MUS
A inscrición custa 20 euros por parella e os premios serán do 50% da inscrición para os gañadores, e o 20% para os subcampións, máis agasallos para os finalistas . O Campionato, en función das parellas apuntadas, comezará cunha fase previa de grupos, pasando posteriormente a unha fase final.
Para apuntarse, simplemente chamar ao 653.324.047. Animarse!
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: Pousada O Almacén
miércoles, 29 de febrero de 2012
Entrevista da Voz de Galicia sobre A IV FESTA DA FABADA de Cervo....
Galicia en xeral é terra de bo comer. A Mariña tamén se sinte identificada coa arte da cociña. Proba delo as innumerables festas que hai nesta comarca. En breve virá unha fin de semana de marcado carácter gastronómico, coa IV Festa da Fabada de Cervo na que a asociación Fervenza de Sargadelos rinde culto a un prato quente e de culler. Será este sábado 3 ás 19.30 no Souto, con racións a 5 euros (fabada, cazola, pan e viño) e o sorteo de 5 quilos de centolos.-En fabas, ¿cantos quilos?-Encargamos 50 quilos de fabas a unha empresa de Vegadeo.
-Cervo acolle outras festas como a do mexilón, erizo, carne de porco, a do ovo frito... Queda pouco onde escoller.-Verdade. Nós tiñamos claro de facer algo gastronómico, sobre todo nesta época do ano que se quere algo quente e caldoso, para sacar financiación para as festas de Sargadelos.
-¿Cantas racións venderán?-Nestes últimos dous anos vendimos 250 ou algo así.
-A actividade central do colectivo é revivir Sargadelos. ¿Que poden adiantar da romería?-A estas alturas non hai nada pechado. Só sabemos as datas: 24 e 25 de xullo. Vamos seguir na liña de traer un grupo folk grande, do estilo de Berrogüeto que actuou o ano pasados. Seguimos na liña de comidas campestres, música a pé de festa e foliada.
-É inevitable citala: a crise.-Se antes faciamos tres días de festa, este ano a limitamos a dous días. Tamén para non arriscarnos a gastar moito.
-¿Cantos socios teñen?-O noso caso é peculiar porque non temos socios. A asociación constituise fundamentalmente para organizar a Romería de Sargadelos. Vámonos financiando a través das axudas de institucións, concello e Deputación, e eventos que organizamos ao longo do ano.
ramiro chaves vicepresidente da asociación fervenza
martes, 21 de febrero de 2012
IV FESTA DA FABADA
O Sábado 3 de Marzo, A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza a súa IV FESTA DA FABADA. Comezaranse a repartir as racións a partir das 19:30 no interior da carpa que estará situada na Praza do Souto de Cervo, recollendo previamente o ticket de compra da ración.Posteriormente dito evento gastronómico, social e cultural, estará amenizado polo Grupo VIVARIUM dende as 20:00 ata o remate da festa.
Destacar que a ración de fabada estará composta polo rico manxar de fabada, pan, viño e cazola, a un prezo de 5 €.
HABERÁ CARPA
ESPERÁMOSVOS!!!!!
ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA:
EXCMO. CONCELLO DE CERVO
EXCMA. DIPUTACIÓN DE LUGO
INLUDES

.jpg)

